martes, 25 de noviembre de 2014

VISITA AO TEATRO DE NARÓN

O luns 10 de novembro visitamos o Pazo da Cultura de Narón para ver a obra "Constelaciones" interpretada por Aracaladanza.
Aquí van algunhas fotos que sacamos no teatro así coma un pequeno vídeo sobre a obra.


jueves, 13 de noviembre de 2014

FESTEXAMOS O SAMAÍN


Na semana do 3 ao 7 de novembro celebramos o Samaín. Os nenos decidiron facer unha cabaza pirata á que lle puxeron de nome "Patapalo".
Aquí tedes o proceso:





Tamén fixemos uns esqueletos que daban moito medo. Como podedes ver quedaron moi fermosos decorando a exposición de cabazas.




 Os nosos monstros verdes tamén participaron dando medo desde as alturas...




 E para rematar, se premedes na seguinte imaxe, veredes o vídeo que mostra os traballos en torno ao Samaín: cabazas, relatos e debuxos de terror.




FESTEXAMOS O MAGOSTO

Para festexar o magosto no noso centro fixemos unha xornada de xogos populares, ademais de comer unhas  saborosas castañas asadas.
Aquí o tedes:




Xogos magosto 2014 - Movie Maker


Se queredes ver a celebración completa premede na seguinte imaxe:




lunes, 3 de noviembre de 2014