O mércores 18 de xuño visitamos o Parque de Educación Vial de Fene.
Xa veredes que ven o pasamos...
miércoles, 25 de junio de 2014
martes, 24 de junio de 2014
lunes, 16 de junio de 2014
MURAL DE ARCIMBOLDO
Dentro das actividades do Plan Proxecta de consumo de froitas nas escolas, os nenos e nenas de E. Infantil realizaron ao longo deste curso un mural inspirado na obra do pintor milanés do século XVI chamado Arcimboldo.
Arcimboldo é coñecido polas súas representacións pictóricas con froitas.
Éste é un cuadro do autor e un vídeo animado sobre a súa obra.
lunes, 9 de junio de 2014
VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS
O venres 6 de xuño visitamos o Parque de Bombeiros de A Coruña. Explicáronnos como actuar no caso de incendio, ensináronnos o seu equipo e fixemos algunha práctica. Aquí van as fotos.
martes, 3 de junio de 2014
Paula Carballeira
Os nenos e nenas de Educación Infantil ilustramos a seguinte poesía de Paula Carballeira:
"UNHA NOITE"
Unha noite soñei con África
No meu soño non había elefantes.
Nin cebras
Nin monos
Nin xirafas
Nin leóns.
No meu soño había un neno.
Un neno que sorría
Un neno que dicía:
"Esta é a miña terra
A terra máis bonita do mundo
A terra da que ninguén se lembra.
Pero existe
e eu vivo aquí.
Ven visitarme cando queiras".
lunes, 2 de junio de 2014
3ª Semana da Froita
Do 23 ao 27 de maio celebramos a 3ª Semana da Froita. Clicade na imaxe para ver an fotos no blog de Convivencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)