Os nenos e nenas de Educación Infantil ilustramos a seguinte poesía de Paula Carballeira:
"UNHA NOITE"
Unha noite soñei con África
No meu soño non había elefantes.
Nin cebras
Nin monos
Nin xirafas
Nin leóns.
No meu soño había un neno.
Un neno que sorría
Un neno que dicía:
"Esta é a miña terra
A terra máis bonita do mundo
A terra da que ninguén se lembra.
Pero existe
e eu vivo aquí.
Ven visitarme cando queiras".
No hay comentarios:
Publicar un comentario