A veciñanza xa pode adquirir as entradas para a xornada solidaria "Todo para Xoel"
10 de abril de 2015
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, anima á cidadanía a sumarse a
esta celebración, que terá lugar o 19 de abril no pavillón de San
Valentín
Paso a Paso. "Todo por Xoel"
A concelleira de Cultura e Deportes, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que
xa están á venda as entradas para participar na xornada solidaria “Todo
para Xoel”, que promove a entidade “Paso a Paso” xunto ao Concello e
coa colaboración de máis de noventa asociacións e establecementos de
toda a comarca. Celebraráse o próximo domingo 19 de abril no pavillón
polideportivo de San Valentín, entre as 11 e as 19 horas, e a beneficio
de Xoel, un fenés de seis anos que, dende que é bebé padece parálise
cerebral. Un dos veciños máis queridos e admirados xa que o optimismo e a
alegría son os principais rasgos da súa personalidade.
Todos aqueles que desexen participar poden mercar as súas entradas, ao
prezo simbólico de tres euros, nos seguintes puntos: Sociedade Agarimo
de Sillobre, Pavillón de San Valentín, Altafit Gym Club Odeón, Natura
Ferrol, Sociedade Cultural e Recreativa de Barallobre, Sociedade O Pote
de Maniños e no campo de fútbol de Maniños. Nestes lugares, a veciñanza
tamén ten á súa disposición rifas a un euro para participar no sorteo
dun sinfín de agasallos e cuxa recadación terá como destino a mesma
causa.
A falla de pechar definitivamente o programa, que se presentará
próximamente, algunhas das actividades previstas serán a celebración de
masterclass de zumba e de fitness, un maratón de futbolín, un torneo de
biberóns, un xantar popular (que se costeará á marxe dos tres euros),
obradoiros para nenos e nenas, exhibicións de hip hop, actuación de Los
Zares…
No hay comentarios:
Publicar un comentario