lunes, 2 de mayo de 2016

POEMA DE MANUEL MARÍA

Este ano o Dia das Letras Galegas adícase ao poeta Manuel María. No cole estamos intentando memorizar o seu poema Caracol, caracoleiro recollido no poemario "Os soños na gaiola". A continuación vos deixamos o poema e tamén o lindo conto "Serafín el caracol" que utilizamos como motivación.


Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro;
¡pon os teus cornos ao sol
xa que eres tan frioleiro!

Ao lombo levas a casa
caracol, caracoleiro:
¡e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!

Caracol, col, col; 
caracol, caracolón:
¡pon os teus cornos ao sol
ao sol os teus cornos pon!




No hay comentarios:

Publicar un comentario